Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47254

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 100/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 100/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Garea Valiñas, María Esther Gómez Ferro, María Fernández Silva, Margarita de la Encarnación Gómez Moure, María Pilar Moimenta Costoya, Inés Martínez Neira, Josefa Barreiro Troitiño, contra a empresa Pescados Carbia, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto, con data do 4.10.2019, impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Carbia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza