Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas en procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2018/113/27 e nove máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola Xefatura Territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se darán por notificadas.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 10 de outubro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa terrtirorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

21050399V

2018/113/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento de expediente

27.5.2019

Y1924055G

2019/40/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento de expediente

28.6.2019

45728528C 46570511Z

2016/5/27

Concesión de recurso

14.5.2019

33993009K

2016/20/27

Concesión de recurso

5.6.2019

33544191W

2019/107/27

Mantemento de medida administrativa e asunción de expediente por traslado

17.6.2019, 27.6.2019

VN458450

2017/99/27

Cambio de recurso

9.4.2019

34309623V

2011/66/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento de expediente

5.6.2019

1801624337

2019/54/27

Asunción de medida administrativa

1.7.2019

Julio Fernández García

2017/98/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento de expediente

17.6.2019

Hasan Lika Bedrije Lika

2018/184/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento de expediente

26.6.2019