Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47246

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 29 de outubro de 2019 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas polo Real decreto 551/2019, do 24 de setembro, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 24 de outubro e aprobada por esta xunta no día da data.

En cumprimento do previsto na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da XEC, de interpretación do artigo 66 da LOREG no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral, acorda a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de aprobación da proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 24 de outubro de 2019, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas por 551/2019, do 24 de setembro, co fin de que as entidades políticas que se consideren afectadas poidan examinar a dita proposta e os seus antecedentes, na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, as reclamacións ou recursos que estimen oportunos.

A Coruña, 29 de outubro de 2019

Lorenzo Villalpando Lucas
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña