Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47353

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de convocatoria das bases dun posto de oficial albanel.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 226, do 1 de outubro de 2019, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de oficial albanel para o Servizo de Obras, de carácter laboral interino, posto 1022/1 da RPT municipal.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 8 de outubro de 2019

Fernando Suárez Barcia
Alcalde