Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente LU-0000052303 e tres máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas dos requirimentos das emendas das solicitudes, ditados nos procedementos instados polas persoas interesadas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Emprázanse as persoas interesadas, ou persoas que legalmente as representen, a comparecer para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base-rúa Serra dos Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

De conformidade coa norma do procedemento administrativo común das administracións públicas de aplicación, advírtese que estes requirimentos outorgan ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para a emenda da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen teren realizado a emenda, consideraranse desistidas da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e arquivarase o expediente logo de resolución ditada nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 10 de setembro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/ proced. BS611A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000052303

36121024F

Requirimento de documentación

20.5.2019

LU-0000028768

51378949P

Requirimento de documentación

30.5.2019

LU-0000051617

Y5376932Y

Requirimento de documentación

21.12.2018

LU-0000051891

14936405K

Requirimento de documentación

5.2.2019