De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 22 de outubro de 2019
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
ANP-OU-50/2019-V |
44663626H |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola xefa territorial |
CON-OU-06/2019-V |
78851821R |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
PES-OU-39/2019-V |
17818296N |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |