Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47497

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases e convocatoria do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, de dúas prazas de oficial de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación das ditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 84, do 11 de abril de 2019, foi publicada resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto número 19002411, do 26 de marzo de 2019: 2 prazas de oficial da policía local; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: policía local e auxiliares; grupo de titulación C (subgrupo C1). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 2 de outubro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto nº 19005684, do 1.7.2019,
modificado polo Decreto nº 19005695, do 3.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos