Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019 pola que se acorda a aprobación definitiva do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo.

En relación co expediente expropiatorio para a ampliación do Hospital Gran Montecelo, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes:

Primeiro. Pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do 16 de setembro de 2019 (DOG núm. 184, do 27 de setembro), fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de xullo de 2019, polo que se aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo.

Segundo. Pola Resolución do conselleiro de Sanidade do 3 de xuño de 2019, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo. A publicación fíxose no Diario Oficial de Galicia do 11 de xuño de 2019 e nos xornais Faro de Vigo e Diario de Pontevedra o día 13 de xuño de 2019 e en La Voz de Galicia o día 14 de xuño de 2019. Para os mesmos efectos, déuselle traslado ao Concello de Pontevedra.

A adquisición dos terreos realízaa a Consellería de Sanidade, sendo o Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, o beneficiario da expropiación, coas consecuencias legais derivadas destas posicións xurídicas.

Terceiro. A taxación foi notificada individualmente aos que aparecían no expediente como titulares de bens e dereitos, dándolles traslado literal da resolución e da correspondente folla de valoración, así como da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Igualmente, o expediente estivo exposto á disposición dos interesados na Subdirección Xeral de Investimentos do Servizo Galego de Saúde, no Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 de Santiago de Compostela.

Cuarto. O beneficiario da expropiación emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 118.6 da LSG e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 118 da LSG e 43 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

Segundo. O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva exixida polo artigo 118.1 da LSG:

– Delimitación do ámbito territorial cos documentos que o identifiquen en canto a situación, superficie e estremas, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

– Fixación dos prezos coa valoración razoada do solo, segundo a cualificación urbanística.

– Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nas cales se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

– Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións.

A relación de propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se xunta.

Terceiro. Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse aos establecidos no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

Cuarto. A competencia para aprobar o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle ao conselleiro de Sanidade na súa condición de persoa titular da consellería expropiante, de acordo co establecido no artigo 118.6 da LSG.

Na súa virtude, vista a LSG, o Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e as demais disposicións aplicables, a Consellería de Sanidade adopta a seguinte

Resolución:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo, para os efectos previstos no artigo 118 da LSG, coa estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes respecto de cada unha delas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 118.10 da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 118.11 da LSG).

Segundo. Notificar o contido desta resolución ao Servizo Galego de Saúde e, de xeito individualizado, a todos os que que figuran no expediente como titulares de bens ou dereitos, aos cales lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución, en que poderán manifestar por escrito dirixido á Consellería de Sanidade a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 118.7 da LSG, e advírtese que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e determinado o prezo xusto definitivamente, e de conformidade co artigo 118.8 da LSG.

Terceiro. Publicar a presente resolución, así como o seu anexo, coa relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada esta, non se puidese practicar. O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará a partir do día seguinte ao da referida publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado competente, segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, en lugar do recurso de reposición, poderalle dirixir ao órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para manifestala por escrito.

A relación dos propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se achega.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Relación de propietarios, predios e superficies

Expte.

Ref. catastral

Titular

DNI

Cantidade

Concepto

1

36900A124002910000PE 

José Iglesias Iglesias 

 

806,85

Solo rústico (m2) uso agrícola

28,94

Solo de núcleo rural (m2)

36900A124002900000PJ

José Manuel Tomé Rodríguez 

XXX1593XX

664,49

Solo rústico (m2) uso agrícola

35,51

Solo de núcleo rural (m2)

15,00

Muro de pedra (m2)

3

36900A124002890000PS

José Manuel

Tomé Rodríguez

XXX1593XX

665,12

Solo rústico (m2) uso agrícola

34,88

Solo de núcleo rural (m2)

15,00

Muro de pedra (m2)

36900A124002880000PE 

Atilano hdros.

García Pereira

582,00

Solo rústico (m2) uso agrícola

154,42

Solo de núcleo rural (m2)

5

36900A124002650000PA 

María de la Paz

Soto Fernández

XXX9571XX

762,53

Solo rústico (m2) uso agrícola

163,66

Solo de núcleo rural (m2)

36900A124002640000PW 

María de la Paz

Soto Fernández

XXX9571XX

1.513,47

Solo rústico (m2) uso agrícola

446,53

Solo de núcleo rural (m2)

7

36900A124002630000PH

Emilia Ángela

Martínez Boullosa

XXX5214XX

450,89

Solo rústico (m2) uso agrícola

36900A124002620000PU 

Mª Ángeles

Cortegoso Sieiro

XXX0546XX

138,92

Solo rústico (m2) uso agrícola

315,58

Solo de núcleo rural (m2)

9

36900A124002610000PZ

Antonio

Cachafeiro Pichel

XXX2077XX

1.342,24

Solo rústico (m2) uso agrícola

724,99

Solo de núcleo rural (m2)

190,00

Muro de pedra perimetral con porta incluída

98,00

Soleira de acceso

10 

36900A124003050000PT

Eva María

Aboal Fernández

Ricardo

Cordido Mejuto

XXX8150XX

XXX7789XX 

404,89

Solo rústico (m2) uso industrial

171,92

Solo de núcleo rural (m2)

13,00

Coieira

7,00

Muro de formigón

441,00

Explanación

9,00

Portal acceso

11

36900A124003490000PJ

Eva María

Aboal Fernández

Ricardo

Cordido Mejuto

XXX8150XX

XXX7789XX 

478,52

Solo rústico (m2) uso industrial

14,00

Portal acceso

13,00

Coieira

679,00

Explanación

12

36900A124003060000PF

Eva María

Aboal Fernández

Ricardo

Cordido Mejuto

XXX8150XX

XXX7789XX

244,61

Solo rústico (m2) uso industrial

414,00

Explanación

12,00

Coieira

13

36900A124103060000PE

Eva María

Aboal Fernández

Ricardo

Cordido Mejuto

XXX8150XX

XXX7789XX

585,06

Solo rústico (m2) uso industrial

68,31

Solo de núcleo rural (m2)

17,50

Coieira

1.131,00

Explanación

14

36900A124003500000PX

Manuela

Varela Rodríguez

Gerardo

Tizón Varela

Juan Manuel hdros.

González Mosquera

Francisco

Tizón Rivera

XXX8525XX

14.343,00

Solo rústico (m2) uso agrícola

4.391,00

Solo rústico (m2) uso forestal

104,00

m2 muro de pedra sobre pedra

1,00

Ude. pozo artesán

15

36900A124002680000PG

Jesús

Domínguez Martínez

XX3060XX

40,47

Solo rústico (m2) uso agrícola

24,00

Peche de malla (m2)

16

36900A124002670000PY 

Jesús Domínguez Martínez

XXX3060XX

1.011,00

Solo rústico (m2) uso agrícola

163,00

Peche de malla (m2)

17

36900A124002660000PB 

Jesús Domínguez Martínez

XXX3060XX

921,66

Solo rústico (m2) uso agrícola

210,00

Peche de malla (m2)

18

36900A124002720000PQ

José Manuel

Tomé Rodríguez

XXX1593XX

43,21

Solo rústico (m2) uso agrícola

20 

36900A124002590000PU

002208200NG39G0001TK

Inocente

Domínguez Martínez

XXX9571XX

205,00

Superficie ocupada por negocio

130,00

Superficie ocupada por vivenda

85,00

Superficie ocupada por vivenda

75,00

Superficie ocupada por terraza

250,00

Superficie ocupada por adega

60,00

Superficie ocupada por garaxe

1.834,59

Superficie da parcela superior á de referencia (rústica)

339,00

m2 viña con arame e postes

19,00

Ude. árbore froiteira adulta

12,00

Ude. árbore froiteira xoven

60,00

Ude. traslado gando menor

 

22 

36900A124002570000PS

002212000NG39G0001RK

Juan Carlos

Domínguez Martínez

 

XXX0937XX

156,00

Superficie ocupada por garaxe

149,00

Superficie ocupada por oficiña

7,00

Superficie ocupada por terraza

154,00

Superficie ocupada por vivenda

17,00

Superficie ocupada por terraza

114,00

Superficie ocupada por rocho

12,00

Superficie ocupada por terraza

241,00

Superficie ocupada por almacén

74,00

Superficie ocupada por terraza

1.325,00

Superficie de parcela superior á de referencia (rústica)

1,00

Piscina

1,00

P.A. mudanza/traslado enxoval

15,00

Ude. árbore froiteira adulta

13,00

Ude. árbore froiteira xoven

9,00

Ude. árbore ornamental

50,00

Ude. Thuja

24

36900A124002960000PW

002209000NG39G0001RK

36900A124002950000PH

36900A124002980000PB

36900A124002990000PY

Ana Trinidad

García Maquieira

María Lourdes

García Maquieira

Luz Divina

Maquieira Pereira

María Luisa

Pereira Villaverde

XXX1806XX

XXX1806XX

XXX0319XX

XXX3034XX

124,47

Superficie ocupada por garaxe

115,67

Superficie ocupada por almacén

131,86

Superficie ocupada por vivenda

96,49

Superficie ocupada por vivenda

90,03

Superficie ocupada por galpón auxiliar

11,00

Ude. árbore froiteira adulta

8,00

Ude. árbore ornamental

15,00

Ude. Thuja

28 

36900A124003020000PQ

36900A124003000000PY

36900A124003010000PG

36900A124003570000PH

Eleuterio

Filgueira Rey

Genoveva

Martínez Soto

XXX4068XX

XXX4524XX

164,00

Superficie ocupada por vivenda

173,00

Superficie ocupada por vivenda

85,00

Superficie ocupada por rocho

64,70

Superficie ocupada por garaxe

854,56

Superficie de parcela superior á de referencia

1,00

Hórreo

222,00

m2 horta

29,00

Ude. árbore froiteira adulta

13,00

Ude. árbore ornamental

1,00

Ude. depósito auga formigón 1 m

1,00

Barbacoa granito 3,2×3 m

1,00

Fonte pedra

1,00

Ude. lavadoiro pref. 1,4×1,8 m

7,00

Ude. traslado gando menor

32

36900A124003030000PP

José

Aboal Rey

María Jesús

Fernández Ogando 

XXX8086XX

269,06

Superficie ocupada por garaxe

92,00

Superficie ocupada por baixo comercial

18,79

Superficie ocupada por vivenda

403,50

Superficie ocupada por vivenda

218,40

Superficie ocupada por vivenda

44,00

Superficie ocupada por almacén

50,63

Superficie de parcela superior á de referencia

20-N

NEGOCIO

Daniel

Domínguez Gallego

XXX1365XX

1,00

Gastos de traslado de negocio

4,00

Compensación por paralización temporal do negocio

1,00

Compensación por perda de clientela

1,00

Gastos derivados de nova

apertura de negocio

32-N1

NEGOCIO

Amelia

Aboal Fernández

XXX1770XX

1,00

Gastos de traslado de negocio

4,00

Compensación por paralización temporal do negocio

1,00

Compensación por perda de clientela

1,00

Gastos derivados de nova

apertura de negocio

32-N2

NEGOCIO

Milagros

Aboal Fernández

XXX0502XX

1,00

Gastos de traslado de negocio

4,00

Compensación por paralización temporal do negocio

1,00

Compensación por perda de clientela

1,00

Gastos derivados de nova

apertura de negocio

32-N3

NEGOCIO

Ricardo

Cordido Mejuto

XXX7789XX

1,00

Gastos de traslado de negocio

3,00

Compensación por paralización temporal do negocio

1,00

Compensación por perda de clientela

1,00

Gastos derivados de nova

apertura de negocio