Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47537

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2019 pola que se declara deserta a convocatoria para acceso á escala técnica superior de administración, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 29 de novembro de 2018 (DOG do 30 de novembro), convócanse probas selectivas para acceso á escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución do 31 de xullo de 2019 (DOG do 8 de agosto) publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e convócase para o día 19 de setembro o aspirante que deberá realizar o primeiro exercicio (probas de lingua galega), que non se presenta ás probas.

O tribunal convoca para o día 7 de outubro de 2019 o resto de aspirantes para realizar o segundo exercicio do proceso selectivo e non comparece ningunha das persoas convocadas.

En consecuencia, o reitor, no uso das competencias atribuídas nos estatutos desta universidade, resolve:

Declarar deserta a convocatoria de probas selectivas para acceso á escala técnica superior de administración da USC, convocadas pola Resolución do 29 de novembro de 2018, por non presentarse ningunha das persoas convocadas para realizar os exercicios.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela