Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1115/2015 por instancia de Patricia Liñares Cores contra Shivshi, S.L. e outros sobre P.O., nos que recaeu sentenza con data do 9 de outubro de 2019 que copiada nos particulares necesarios di así:
Decido:
Estímase a demanda formulada por Patricia Liñares Cores fronte á empresa Shivshi, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase á empresa Shivshi, S.L. a aboar a Patricia Liñares Cores a cantidade de mil catrocentos cincuenta e cinco euros con vinte céntimos (1.455,20 euros).
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.
A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, no seu caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse o mesmo neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Shivshi, S.L. expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 16 de outubro de 2019
A letrada da Administración de xustiza