A Orde da Consellería de Facenda do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, dispón na base II.1.1.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
A dita constitución tivo lugar o día 16 de setembro de 2019.
Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador, e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
Ampliar o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, en vinte días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda