Mediante a Resolución do 2 de outubro de 2019 (DOG do 15 de outubro) convócanse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de investigación, área electrónica-mecánica grupo III, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, e no seu punto 5.1 establécese que o tribunal cualificador será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo nomear o seguinte tribunal cualificador:
Tribunal titular
Presidente:
– José Antonio Veira Suárez, profesor titular de universidade da USC.
Vogais:
– Manuel Vázquez Ramallo, profesor titular de universidade da USC.
– Antonio Pazos Álvarez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
– José Manuel Sánchez González, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
Secretaria:
– María Obdulia Lareo Currás, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente
Presidente:
– José Manuel Mosqueira Rey, profesor titular de universidade da USC.
Vogais:
– Carolina Torrón Casal, profesora titular de universidade da USC.
– Ana Alonso Mougán, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
– Beatriz Barral Montaña, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
Secretario:
– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela