Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47948

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 124/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 124/2019, seguido por instancia de María Elena García Blanco contra Gestión Integral de Situaciones de Emergencia, sobre execución de Sentenza 349/2019, do 3 de xullo de 2019, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo con data 14.10.2019, contra os cales pode interpor recurso de reposición e revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que lle sirva de notificación e requirimento en legal forma ao representante legal de Gestión Integral de Situaciones de Emergencia, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza