Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47950

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 120/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 120/2019, seguido por instancia de José Antonio García Pasarín contra Hostelería Heroica, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 14 de outubro de 2019 polo que se declarou o executado en situación de insolvencia provisional e se acordou o arquivamento provisional das actuacións, contra o cal se poderá interpor recurso directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hostelería Heroica, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza