Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de resolucións en relación cos expedientes de concentración parcelaria da zona de Perdecanai-Barro II (Barro-Pontevedra), en modificación de bases definitivas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 2º andar), teléfono 986 80 54 54.

Pontevedra, 24 de outubro de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

31/2019 (MBD-298)

35306911W

Cambio de titularidade

4268/18 e 4754/18 (MBD-260)

76862088K

Cambio de titularidade