Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0145/2019-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0145/2019-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal 8-4º andar, Vigo, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Vigo, 28 de outubro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0145/2019-PPM

76991146A

Resolución

A Anunciada, 59-2º esq., Baiona

PSC-PO-0152/2019-ORS

76812226T

Resolución

Igrexario, 60, O Hío, Cangas

PSC-PO-0281/2019-PPM

35400904V

Resolución

Alto da Rosa, 8, Carril, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0356/2019-COP

76988533N

Resolución

Avenida Monterreal, 11-4º, Baiona

PSC-PO-0364/2019-PPM

44078126Y

Resolución

Avenida de Lugo, 84-2º esq., Pontevedra

PSC-PO-0442/2019-PPM

35443808A

Resolución

Laxe, 21, A Illa de Arousa