Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 24 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, polo que se notifica ao interesado a resolución do recurso de alzada 2018/43-RA-C, en materia de protección do patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, anúnciase a notificación da resolución do recurso de alzada 2018/43-RA-C, en materia de protección do patrimonio cultural, ao titular do DNI 44826040Y, a quen non se lle puido notificar por correo certificado.

A notificación efectuarase mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, a resolución non se publica na súa integridade, faise saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo. Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, con obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Número de expediente: 2018/43-RA-C.

DNI do recorrente: 44826040Y.

Resolución notificada: resolución de recurso de alzada.