Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48221

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 30 de outubro de 2019, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 30 de novembro de 2019, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas, no pavillón núm. 1 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistos de DNI ou doutro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Ademais, deberán vir provistos de lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio nin se habilitará ningún de servizo de recollida dos devanditos dispositivos.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

Olga Janeiro Barandiarán
Presidenta do tribunal