Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019066TA-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 16 de outubro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019066TA-LU incoado á persoa titular do DNI 32751105W.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 24 de outubro de 2019

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2019066TA-LU.

DNI da persoa interesada: 32751105W.

Último enderezo coñecido: Runs, 9, Boiro, 15930 A Coruña.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.n) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: unha infracción leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).