Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (57/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 57/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nieves Pérez Ínsua contra Silvia Lorena Guiarratan, Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Silvia Lorena Guiarratan en situación de insolvencia total por importe de 19.937,76 euros en concepto de principal (1.804,36 euros en concepto de indemnización, 17.933,4 euros en concepto de salarios de tramitación e 200 euros en concepto de honorarios de avogado) e 1.993,77 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Silvia Lorena Guiarratan, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza