Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 13 de novembro de 2019 Páx. 48722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019015AL-LU por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2019015AL-LU incoado na Xefatura Territorial de Lugo á persoa/entidade que se sinala no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderase consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, se facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2019015AL-LU.

Documento de identificación: G24618118.

Último enderezo coñecido: rúa Gran Vía, 1, 28220 Majadahonda (Madrid).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: unha infracción grave e unha leve.

Sanción imposta: 5.301,00 €.