Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 13 de novembro de 2019 Páx. 48641

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 30 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Pola Orde do 31 de xullo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) fíxose pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Contra a puntuación outorgada na fase de concurso polo tribunal número 1 para a especialidade de inglés, David González Fernández, con DNI ***1769**, interpuxo recurso de alzada, que foi desestimado por Resolución do 13 de setembro de 2018, e recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento ordinario 337/2018 na sala do contencioso administrativo, sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Este órgano dita sentenza o 18 de xullo de 2019, cuxa parte dispositiva recolle o que segue:

«2º. Recoñecemos o dereito do recorrente a que se lle outorgue a puntuación recollida na lista provisional da fase de méritos, polo que respecta ás epígrafes 1.2 e 1.4 das previstas no baremo da convocatoria, cos efectos que iso supoña.

3º. Recoñecemos o dereito do demandante, se se deriva da modificación da súa puntuación, a ser incluído na relación de aprobados, e, se é o caso, a ser nomeado funcionario do corpo de profesores de ensino secundario para todos os efectos desde o momento en que debería ter tomado posesión, salvo os económicos que resultasen legalmente incompatibles coa percepción doutros ingresos ou haberes do recorrente”.

En execución da Sentenza do 18 de xuño de 2019 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Seccción Primeira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de procedemento ordinario número 337/2018, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional por Resolución do 22 de outubro de 2019, declara que a David González Fernández, DNI ***1769** obtivo 5,6500 puntos na fase de concurso e unha puntuación final no proceso selectivo de 6,6436 puntos e que é superior a da última persoa que superou o proceso selectivo ante o tribunal número 1 da disciplina de inglés do corpo de profesores de ensino secundario.

En consecuencia coas actuacións citadas nos parágrafos anteriores, esta Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 31 de xullo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, incluíndo no número de orde 25, quenda libre, a David González Fernández, DNI ***1769**, coa puntuación total no concurso-oposición de 6,4636 (puntuación concurso: 5,6500 e puntuación proba: 7,0060). As persoas opositoras cunha puntuación inferior no concurso-oposición pasan a ocupar os números de orde posteriores empezando por Ana Isabel Gallardo García, DNI ***7892** que pasa a ocupar o número de orde 26, e así sucesivamente ata a derradeira Beatriz Couto Fontenla, DNI ***1916**, número de orde 51.

Segundo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Terceiro. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional