Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 13 de novembro de 2019 Páx. 48697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (246/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 246/2017 por instancia de Gorka Prada Rodríguez contra a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L., María Teresa Donis Rodríguez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 15.10.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Desestímase a demanda interposta por Gorka Prada Rodríguez fronte a Naval Metalúrgica Donis, S.L., Agustín Donis Rodríguez e María Teresa Donis Rodríguez, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, absólvese Naval Metalúrgica Donis, S.L., Agustín Donis Rodríguez e María Teresa Donis Rodríguez das pretensións fronte a eles exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L. e a Agustín Donis Rodríguez expido e asino a este edicto.

A Coruña, 23 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza