Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais (cambio de domicilio social) da entidade Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de 2019, por unanimidade. Consta como novo domicilio social na rúa Damas Apostólicas, 15, Edificio Oficentro, oficina-103C, A Ramallosa, do concello de Nigrán, provincia de Pontevedra.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos (cambio de domicilio social) da entidade Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega.

Vigo, 30 de outubro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra