Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dun parque de cultivos mariños situado na zona marítimo-terrestre do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 3 de outubro de 2019, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 273 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 110,25 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11.7.2019).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antiga titular: Herminia Calo Ageitos.

Novos titulares: Emilio Berride Ameneiro (***7175**) e Adrián Berride Ameneiro (***7175**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os novos titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 4 de outubro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo