Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste de aliñación e trazado viario na UE-2 na rúa Chao de Curra.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 28 de agosto de 2019, adoptou o acordo de aprobación definitiva que, seguir, se transcribe:

«Concluído o expediente iniciado, por acordo plenario do 28 de decembro de 2018, para o reaxuste de aliñación e trazado viario na UE-2 na rúa Chao de Curra da Veiga, definido na memoria técnica co número de rexistro de entrada 1097, do 6 de novembro de 2018, asinada polo arquitecto Jorge Blanco Rodríguez, consonte o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en concordancia co disposto no artigo 192 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e realizado o trámite de información pública (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro de 2019 e La Voz de Galicia do 8 de xaneiro de 2019) e a notificación individual aos propietarios afectados, sen se teren presentado alegacións contra o expediente,

O Concello Pleno, polo voto favorable dos seis membros presentes do PP e coa abstención do membro do PSdeG-PSOE, acorda:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñación e trazado viario na UE-2 na rúa Chao de Curra da Veiga.

Segundo. Notificar este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Terceiro. Remitir á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artígo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Publicar este acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia. Contra o acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio así como publicar no Boletín Oficial da provincia de Ourense o correspondente anuncio cos anexos e planos que integran o estudo de detalle.

Quinto. En todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas á súa publicación de conformidade co establecido neste artigo, á inscrición do instrumento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro».

A Veiga, 24 de outubro de 2019

Juan Anta Rodríguez
Alcalde