Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49016

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 78, do 21 de abril), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 27 de setembro de 2019 pola que se convocan as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 191, do 8 de outubro).

A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal.

A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos motivo de exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamación.

A Estrada, 8 de novembro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Clave

Dur –Bozoanca–, Gheorghe

1

Konate, Mamadou

1

Lestyón Priegue, Jacinto

2

Montana, Emmanuel Federico

1

Niang, Abdou Aziz

1

Opare, Gabriel

1

Rodríguez Alonso, Carlos

2

Código

Descrición

1

Debe achegar certificado de inexistencia de antecedentes penitenciarios.

2

Non achega fotografías tamaño carné.