Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 169/2019).

Execución de títulos xudiciais 169/2019

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 184/2019

Sobre despedimento

Demandante: Marta Ferreiro Bello

Avogada: Alejandra Rudiño Agrafojo

Demandados: Fogasa, Perfume Vip, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 169/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Ferreiro Bello, contra a empresa Perfume Vip, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto o 19 de setembro de 2019, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Marta Ferreiro Bello fronte a Perfume Vip, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0169 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0169 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíz

A letrada da Administración de xustiza».

Igualmente, ditouse dilixencia de ordenación o 29 de outubro de 2019, en que se sinala comparecencia, co fin de oír as partes, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Iria Román Vidarte

En Santiago de Compostela o vinte e nove de outubro de dous mil dezanove.

Visto o contido da anterior providencia, a comparecencia suspendida do artigo 280 da LXS, sinálase novamente para que teña lugar o devandito acto o próximo día 10 de decembro de 2019 ás 9.50 horas, na sala de audiencia deste xulgado, situada na planta baixa, do edificio xudicial sito na rúa Berlín, s/n, Santiago de Compostela.

Cítense para o efecto as partes, a executante e o Fogasa, servindo a notificación da presente citación para o efecto, e Perfume Vip, S.L., e expídase para o efecto o oportuno exhorto ao Xulgado Decano de Linares e, por se resultar negativa, cítese por medio de edictos no DOG.

De non asistir o/s traballador/s ou persoa que o/s represente teranse por desistido/s na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial e para a comparecencia sinalada fanse as seguintes prevencións:

1º. A non comparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e, antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

E para que sirva de notificación e citación a Perfume Vip, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza