Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se dá publicidade á composición do tribunal e á data de realización das probas de aptitude para a obtención do título de Xestor Administrativo.

Primeiro. Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG do 27 de xuño), convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de Xestor Administrativo.

Segundo. O tribunal está constituído polos seguintes membros, designados de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria.

Presidenta: Pilar Otero Moar, presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Vogal (con funcións de secretaria): María del Mar Lamas Casal.

Vogais titulares:

Rosa López Río.

José Ramón Pardo Cabarcos.

Ángeles Lestón Mayo.

Vogais suplentes:

Catalina Martínez Leitao.

Mª Luisa Vidal Floriano.

Carlos González Rodríguez.

David Castro Sanmartín.

Terceiro. As probas realizaranse o sábado día 21 de decembro de 2019, ás 10.00 horas, na aula nº 5 da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, sita no Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña.

Convócanse todos os aspirantes en chamamento único, no lugar e hora indicados e sinálase que deberán ir provistos do seu documento nacional de identidade ou pasaporte e bolígrafo de tinta azul.

Durante a realización das probas non se poderá utilizar calculadora nin outro tipo de dispositivo electrónico ou móbil.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza