Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación Sindical Gallega de Farmacéuticos Adjuntos (Asgafa).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais acordouse depositar con data do 17.10.2019 os estatutos da Asociación Sindical Gallega de Farmacéuticos Adjuntos (Asgafa).

(https://expinterweb.empleo.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidad Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: para poder adquirir a condición de membro do sindicato requírese, en primeiro lugar, ser persoa física e estar en posesión do título de licenciado en farmacia, en segundo lugar, non se pode ser titular dunha oficina de farmacia.

Asinan a acta de constitución: Vanessa Caamaño Castro, María Dopico Rodríguez e Breixo Ventoso García.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego