Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49333

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO da contratación das obras de restauración da fachada da Quintana e patios da Porta Santa e Porta dos Abades, deambulatorio e terraza sobre a tribuna do deambulatorio.

Orzamento de contrata: 1.298.907,16 € (IVE incluído).

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría E.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago de Compostela.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratacion ou ben contactando coa Fundación Catedral de Santiago de Compostela (tfno.: 981 56 93 27) logo de acreditación da empresa e aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de vinte e seis (26) días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela