Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49242

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4591/2018).

Eu, M. Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4591/2018 desta sección, seguido por instancia de María Florinda Vega Caramés contra a Xunta de Galicia e Guadalupe Santos de los Santos, sobre reclamación de cantidade, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos

Desestimando o recurso de suplicación articulado pola Xunta de Galicia contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, do 27 de setembro de 2018, en autos número 158/2018, instados por María Florinda Vega Caramés fronte á Xunta de Galicia e Guadalupe Santos de los Santos, sobre dereito e cantidade, confirmamos a sentenza de instancia e impoñemos á Xunta de Galicia as custas do recurso que incluirán os honorarios da letrada da parte demandante impugnante do recurso en contía de 605 euros. Debe darse aos depósitos e consignacións, se houber, o destino legal correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Guadalupe Santos de los Santos, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza