Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49322

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de acordo de inicio de orde de execución de expediente de xestión da biomasa.

En cumprimento do disposto nos artigos 40, 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para o suposto de que os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, polo presente anuncio notifícase aos interesados que se relacionan no acto administrativo que se cita, para cuxo coñecemento íntegro poderá comparecer nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Marín, sito na avda. de Ourense, s/n, 36900 Marín, das 8.00 ás 15.00 horas.

Expediente núm.

Interesado

NIF

Referencia catastral/Polígono-parcela

Localización

DU450-069-2019

Descoñecido

-

Parcela 323

Polígono 31

Lugar de Aguete

DU450-070-2019

Descoñecido

-

Parcela 324

Polígono 31

Lugar de Aguete

DU450-072-2019

-

35177420R

Parcela 499

Polígono 38

Lugar da Esperela

DU450-074-2019

-

35274807Y

5440007NG2954S

Rúa do Sur

DU450-074-2019

-

35278133C

5440007NG2954S

Rúa do Sur

DU450-095-2019

-

35313474X

Parcela 435

Polígono 31

Lugar de Bagüín

DU450-095-2019

-

44075100Q

Parcela 435

Polígono 31

Lugar de Bagüín

DU450-111-2019

-

35174558Z

36026A04900091

Lugar de Casás

DU450-112-2019

-

35138838J

36026A00700371

Lugar de Bravos

DU450-114-2019

-

52492486T

36026A00800914

Lugar do Casal

DU450-115-2019

-

52492486T

36026A00800915

Lugar do Casal

DU450-116-2019

-

35158642Z

36026A00800916

Lugar do Casal

Acto que se notifica: acordo de inicio de orde de execución, con base no disposto nos artigos 15.1.b) do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana; 135 e 136 da Lei 2/2016, do solo de Galicia; 333 a 336 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia; 7, 21 e seguintes e DA 3ª da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; 7 da Ordenanza reguladora do deber de conservación de edificacións e terreos nas condicións de funcionalidade, seguridade e ornato público, e do artigo 54 da Ordenanza reguladora de intervención urbanística municipal en obras e actividades, en relación coa xestión da biomasa, para realizar as seguintes actuacións:

a) Xestión da biomasa (labores de corta e roza) da parcela arriba referenciada, con retirada do material resultante a vertedoiro autorizado, nunha franxa de 50 metros:

a) Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

b) Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industriais sitas a menos de 400 metros do monte.

c) Arredor das edificacións illadas en solo rústico sitas a máis de 400 metros do monte.

b) Retirada das especies arbóreas da devandita parcela que estean recollidas na DA 3ª da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que se atopen a unha distancia de 50 metros do perímetro sinalado no punto anterior.

Alegacións: no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no BOE.

Marín, 14 de outubro de 2019

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta