Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 158/2019).

ETX execución de títulos xudiciais 158/2019

Procedemento orixe: procedemento ordinario 39/2018

Sobre ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandado: Manuel Enjamio Salgueiro

Declaración de insolvencia

María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 158/2019, por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra o executado Manuel Enjamio Salgueiro, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 31 de outubro de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 136,42 euros de principal, máis 16,77 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza