Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49656

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

XESGALICIA SGEIC, S.A.U.

ANUNCIO para a constitución de listas de selección de persoal temporal da categoría titulados superiores para Xesgalicia SGEIC, S.A.U.

O Consello de Administración de Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., en relación coa constitución de listas de selección de persoal temporal para a cobertura de «Controller financeiro e de control» e «Analista de investimentos e seguimento de start ups», adoptou os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a apertura do prazo para a inscrición na Listaxe para a contratación temporal de dous titulados superiores.

Segundo. Aprobar as bases polas que se rexerá o proceso de constitución das mencionadas listaxes, para a cobertura temporal dos postos de «Controller financeiro e de control” e “Analista de investimentos e seguimento de start ups». As ditas bases poderán consultarse na páxina web de Xesgalicia (www.xesgalicia.es).

Para participar nesta convocatoria os/as candidatos/as utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo I das mencionadas bases.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral de Xesgalicia SGEIC, S.A.U.