Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0110/2018-PRE e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0110/2018-PRE e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Celeiro, 7 de novembro de 2019

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0110/2018-PRE

35324584B

Resolución

Avda. Nicolás Cora Montenegro, 64, Viveiro

PSC-LU-0111/2018-PRE

33338035H

Resolución

R/ La Milagrosa, 107, 4º A, Lugo

PSC-LU-0119/2018-PPM

71893567Y

Resolución

R/ Pepe la Mata, 10, 3º A, Candás, Carreño

PSC-LU-0126/2018-PRE

77591751D

Resolución

Avda. Arcadio Pardiñas, 108, bl. 2, ptl. A, Burela

PSC-LU-0130/2018-PRE

33759637F

Resolución

R/ Grupo Atalaya, 4, Celeiro, Viveiro

PSC-LU-0045/2019-PPM

71887936X

Resolución

R/ Plaza Gremio Mareante, 4 F, 3º D, Carreño