Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de construción dunha ponte sobre o río Támega no núcleo rural de Queizás, no concello de Verín (expediente 2018/0049).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o Informe de impacto ambiental, do 8 de novembro de 2019, do proxecto de construción dunha ponte sobre o río Támega, no núcleo rural de Queizás, no concello de Verín (Ourense), promovido polo Concello de Verín.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático