Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para vía entre Cerdedo e Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente 2019AAE2357; código 2223/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o Informe ambiental estratéxico, do 8 de novembro de 2019, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para vía entre Cerdedo e Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático