Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49712

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade do encargo á Fundación Semana Verde de Galicia (FSV) para que poña á disposición da Dirección Xeral da Función Pública os espazos precisos e os traballos de apoio necesarios para organizar probas de acceso a distintos corpos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da encarga da Consellería de Facenda á Fundación Semana Verde de Galicia. As súas características son:

Actividade: a Fundación Semana Verde de Galicia debe poñer á disposición da Dirección Xeral de Función Pública os espazos precisos e prestarlle os traballos de apoio necesarios (vixilancia, limpeza, uso de megafonía...) para realizar probas correspondentes aos procesos selectivos para o acceso aos seguintes corpos:

O 30 de novembro de 2019:

– Proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– Proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica.

– Proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.

– Proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

– Proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas.

– Proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

– Proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

O 1 de decembro de 2019:

– Proceso selectivo para o ingreso no corpo Agrupación Profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. Este día as probas desenvolvéranse durante todo o día en horario de mañá e de tarde.

Natureza e alcance: encarga a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Orzamento: 51.526,73 €. O gasto imputarase á aplicación 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2019.

Prazo de execución: do 30 de novembro de 2019 ao 1 de decembro de 2019

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda