Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 30 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2016/51/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación ou ben porque, intentada esta, non se puidese efectuar, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada que se indica no anexo, ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente está á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, dás 9.00 ás 14.00 horas. Advírteselle que, de non o facer, se considerará notificada e que desde o día seguinte ao da notificación do dito acto administrativo terá quince (15) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Lugo, 30 de outubro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2016/51/27.

DNI: 33859730G.

Acto administrativo que se notifica: acordo de inicio de trámite de audiencia do 5 de setembro de 2019.