Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49724

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 11 de novembro de 2019, das axudas convocadas na Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes de corporacións locais (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) e se convocan para o ano 2019.

Mediante a Orde do 8 de agosto de 2019 (DOG núm. 159, do 23 de agosto) publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes de corporacións locais e convocáronse para o ano 2019.

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, corresponde, por delegación, á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que deberá resolver no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta.

Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de novembro de 2019, ditada no procedemento BS403E, de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo. 

Segundo. Comunicar que a Resolución do 11 de novembro de 2019, que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias dispoñerán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 11 de novembro de 2019 ditada no procedemento BS403E de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Orde do 8 de agosto de 2019, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia dependentes das corporacións locais, (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e se convocan para o ano 2019, e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás corporacións locais que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria, como consecuencia da aplicación dos criterios de prelación previstos no artigo 13 e segundo o establecido nos artigos 3 e 4 das bases reguladoras, por un importe total de 711.999 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.760.0.

Esta axuda pública, está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e en particular:

Obxectivo temático 10. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento de infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1. Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b. Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CE052. Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón que o beneficiario acepta ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde 8 de agosto de 2019.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 19 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento a entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 20 da Orde do 8 de agosto de 2019.

Segundo. Relacionar no anexo II as solicitudes que non poden se atendidas por terse esgotado o crédito orzamentario e que quedan en reserva para ser atendidas no caso de que quedase crédito libre, ben por producirse algunha renuncia ou ben por incremento de crédito orzamentario destinado a esta subvención, sempre que como consecuencia desta circunstancia se teña liberado crédito suficiente para a correspondente concesión.

Terceiro. Denegar e/ou inadmitir as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación ou inadmisión.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 14 da Orde do 8.8.2019; DOG núm. 159, do 23 de agosto). Mª Amparo González Méndez. Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

ANEXO I

Axudas concedidas

Núm.

Provincia

Concello
solicitante

NIF

Escola infantil

Investimento solicitado

Achega concello

Recibiu axuda no ano 2017
e/ou 2018

Puntos

Axuda concedida

BS403E-LU-2019-1

Lugo

Trabada

P2706100A

PAI de Trabada

11.583,63 €

2.895,91 €

Non

90

8.687,72

BS403E-PO-2019-3

Pontevedra

Mondariz-Balneario

P3603100C

EIM Mondariz-Balneario

22.326,75 €

0,00 €

Non

70

21.063,11

BS403E-PO-2019-9

Pontevedra

Caldas de Reis

P3600500G

EIM Trebellos Caldas de Reis

27.614,15 €

0,00 €

Non

70

24.565,55

BS403E-CO-2019-20

A Coruña

Betanzos

P1500900D

EIM Santiago de la Fuente

11.070,29 €

2.767,57 €

Non

70

8.302,72

BS403E-LU-2019-5

Lugo

Barreiros

P2700500H

EIM O Bítere de Barreiros

25.844,56 €

0,00 €

Non

70

25.584,66

BS403E-LU-2019-17

Lugo

Corgo, O

P2701400J

PAI do Corgo

27.690,11 €

0,00 €

Non

70

24.214,81

BS403E-OU-2019-8

Ourense

Sandiás

P3207800H

PAI de Sandiás

26.730,84 €

0,00 €

Non

70

26.384,77

BS403E-OU-2019-11

Ourense

Celanova

P3202500I

EIM de Celanova

29.936,43 €

0,00 €

Non

70

27.700,09

BS403E-CO-2019-31

A Coruña

Santiago de Compostela

P1507900G

EIM das Fontiñas e Conxo

13.321,22 €

0,00 €

Non

55

12.117,36

BS403E-CO-2019-16

A Coruña

Boqueixón

P1501200H

EIM Raíña Lupa

11.998,83 €

0,00 €

Non

50

11.998,83

BS403E-PO-2019-7

Pontevedra

Vigo

P3605700H

EIM Navia

17.096,74 €

0,00 €

Non

45

17.096,74

BS403E-PO-2019-11

Pontevedra

Agolada

P3602000F

PAI de Agolada

15.163,30 €

0,00 €

Non

45

6.753,30

BS403E-PO-2019-12

Pontevedra

Meis

P3602800I

EIM 0-3 de Meis

20.000,00 €

0,00 €

Non

45

13.101,65

BS403E-CO-2019-26

A Coruña

Mañón

P1504500H

PAI de Mañón

24.926,58 €

0,00 €

Non

45

5.082,87

BS403E-LU-2019-7

Lugo

Guitiriz

P2702200C

PAI de Guitiriz

5.587,73 €

0,00 €

Non

45

5.516,55

BS403E-CO-2019-9

A Coruña

Cabana de Bergantiños

P1501400D

EIM A Casa dos Títeres

10.013,89 €

0,00 €

Non

40

9.022,76

BS403E-LU-2019-3

Lugo

Baralla

P2703600C

PAI de Baralla

7.713,42 €

0,00 €

Non

40

7.713,42

BS403E-CO-2019-27

A Coruña

Arteixo

P1500500B

EIM de Arteixo

34.043,45 €

5.891,30 €

Si

95

25.041,74

BS403E-OU-2019-5

Ourense

Barbadás

P3200900C

EIM de Barbadás

27.129,09 €

2.712,91 €

Si

90

19.559,13

BS403E-CO-2019-28

A Coruña

Santa Comba

P1507800I

EIM Santa Comba

39.555,38 €

4.555,38 €

Si

85

33.339,78

BS403E-LU-2019-9

Lugo

Vicedo, O

P2706400E

PAI do Vicedo

32.195,54 €

4.829,33 €

Si

85

26.961,78

BS403E-CO-2019-4

A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

P1507100D

EIM A Barosa

26.883,00 €

0,00 €

Si

80

26.127,03

BS403E-CO-2019-10

A Coruña

Brión

P1501300F

EIM de Brión

27.436,75 €

0,00 €

Si

80

27.436,75

BS403E-LU-2019-10

Lugo

Lugo

P2702800J

EIM María Wonenburger/Luis Soto/Serra de Outes/Gregorio Sanz

35.965,96 €

0,00 €

Si

80

25.043,23

BS403E-PO-2019-6

Pontevedra

Valga

P3605600J

EIM de Valga

34.950,85 €

0,00 €

Si

80

32.337,25

BS403E-CO-2019-15

A Coruña

Ames

P1500200I

EIM O Bosque/A Madalena

34.467,22 €

0,00 €

Si

80

34.467,22

BS403E-PO-2019-8

Pontevedra

Estrada, A

P3601700B

EIM da Estrada

34.336,91 €

0,00 €

Si

80

32.180,69

BS403E-OU-2019-4

Ourense

Arnoia, A

P3200400D

PAI de Arnoia

36.869,36 €

3.959,32 €

Si

80

32.329,74

BS403E-PO-2019-1

Pontevedra

Vilanova de Arousa

P3606100J

EIM de Vilanova

31.365,93 €

0,00 €

Si

75

27.227,33

BS403E-CO-2019-14

A Coruña

Abegondo

P1500100A

EIM Pasiños

25.975,56 €

0,00 €

Si

75

24.492,47

BS403E-CO-2019-30

A Coruña

Miño

P1504900J

EIM A Ceboliña

32.910,98 €

110,09 €

Si

75

29.732,45

BS403E-PO-2019-10

Pontevedra

Catoira

P3601000G

EIM de Catoira

39.099,22 €

4.099,22 €

Si

75

23.727,99

BS403E-CO-2019-25

A Coruña

Padrón

P1506600D

EIM Pequenos Escolares

40.211,05 €

6.490,50 €

Si

70

10.265,85

BS403E-CO-2019-18

A Coruña

Bergondo

P1500800F

EIM de Bergondo

11.446,60 €

2.861,65 €

Si

70

8.584,95

BS403E-LU-2019-11

Lugo

Lourenzá

P2702700B

PAI de Lourenzá

33.622,93 €

0,00 €

Si

70

18.236,71

ANEXO II

Solicitudes en reserva

Núm.

Provincia

Concello
solicitante

NIF

Escola infantil

Investimento solicitado

Achega concello

Recibiu axuda no
ano 2017
e/ou 2018

Puntos

Investimento subvencionable

BS403E-CO-2019-17

A Coruña

Cerceda

P1502400C

EIM Os Pillabáns

33.559,30 €

0,00 €

70

29.927,79

BS403E-CO-2019-19

A Coruña

Melide

P1504700D

EIM de Melide

30.160,92 €

0,00 €

70

28.730,74

BS403E-CO-2019-29

A Coruña

Baña, A

P1500700H

PAI da Baña

30.141,68 €

0,00 €

70

22.081,13

BS403E-PO-2019-5

Pontevedra

Sanxenxo

P3605100A

Escola Infantil Municipal O Revel

22.719,90 €

2.719,90 €

65

20.000,00

BS403E-OU-2019-10

Ourense

Boborás

P3201400C

PAI de Boborás

29.451,88 €

0,00 €

65

29.451,88

BS403E-CO-2019-6

A Coruña

Ribeira

P1507400H

EIM de Ribeira

26.289,90 €

399,90 €

55

15.000,00

BS403E-OU-2019-3

Ourense

San Cibrao das Viñas

P3207600B

EI Os Pequerrechos

12.408,94 €

0,00 €

55

10.138,67

BS403E-LU-2019-16

Lugo

Pastoriza, A

P2704400G

PAI da Pastoriza

20.924,99 €

3.138,75 €

55

11.740,40

BS403E-OU-2019-9

Ourense

Riós

P3207200A

PAI de Riós

10.895,51 €

1.089,56 €

55

8.993,69

BS403E-CO-2019-23

A Coruña

Ordes

P1506000G

EIM Sorrisos

11.141,53 €

0,00 €

50

9.569,50

BS403E-PO-2019-2

Pontevedra

Pontecesures

P3604400F

Escola Infantil Municipal de Pontecesures

13.600,00 €

0,00 €

50

10.705,00

BS403E-CO-2019-12

A Coruña

Vedra

P1509000D

EIM de Vedra

15.000,00 €

0,00 €

50

11.069,93

BS403E-LU-2019-4

Lugo

Monforte de Lemos

P2703100D

EIM de Monforte de Lemos

12.903,31 €

1.290,33 €

50

11.612,98

BS403E-PO-2019-4

Pontevedra

Ponteareas

P3604200J

Escola Infantil Municipal de Ponteareas

8.205,00 €

0,00 €

45

8.205,00

BS403E-CO-2019-7

A Coruña

Cariño

P1509500C

PAI de Cariño

14.713,78 €

0,00 €

45

10.820,00

BS403E-CO-2019-13

A Coruña

Boimorto

P15010000B

PAI de Boimorto

20.000,00 €

0,00 €

45

19.015,32

BS403E-CO-2019-22

A Coruña

Cee

P1502300E

EIM de Cee

18.117,33 €

0,00 €

45

18.117,33

BS403E-CO-2019-24

A Coruña

Val do Dubra

P1508900F

EIM Val do Dubra

30.235,06 €

0,00 €

45

19.923,12

BS403E-CO-2019-32

A Coruña

Lousame

P1504300C

PAI de Tállara

17.340,24 €

0,00 €

45

12.339,31

BS403E-LU-2019-6

Lugo

Abadín

P2700100G

PAI de Abadín

10.634,69 €

0,00 €

45

10.453,19

BS403E-LU-2019-18

Lugo

Muras

P2703300J

PAI de Muras

11.038,84 €

0,00 €

45

6.898,58

BS403E-LU-2019-8

Lugo

Becerreá

P2700600F

EIM de Becerreá

22.768,17 €

0,00 €

40

17.083,12

BS403E-LU-2019-13

Lugo

Cospeito

P2701500G

EIM de Cospeito

20.000,00 €

0,00 €

40

20.000,00

BS403E-LU-2019-15

Lugo

Outeiro de Rei

P2703900G

EIM de Outeiro de Rei

19.236,87 €

0,00 €

40

12.555,89

BS403E-OU-2019-1

Ourense

Vilariño de Conso

P3209300G

PAI de Vilariño de Conso

23.253,66 €

0,00 €

40

13.461,20

BS403E-OU-2019-2

Ourense

Ramirás

P3206900G

PAI de Ramirás

6.262,78 €

0,00 €

40

5.601,91

BS403E-LU-2019-12

Lugo

Palas de Rei

P2704000E

EIM de Palas de Rei

26.570,99 €

0,00 €

40

15.681,60

BS403E-CO-2019-5

A Coruña

Corcubión

P1502800D

EIM de Corcubión

25.708,34 €

0,00 €

35

16.841,88

ANEXO III

Solicitudes denegadas/inadmitidas

Núm.

Provincia

Entidade
solicitante

NIF

Escola infantil

Causa

BS403E-CO-2019-2

A Coruña

Tordoia

P1508500D

PAI de Tordoia

Ter desistido da súa petición con base no establecido no artigo 7.3

BS403E-CO-2019-21

A Coruña

Valdoviño

P1508800H

PAI de Valdoviño

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2

BS403E-OU-2019-6

Ourense

Melón

P3204700C

PAI de Melón

Investimento non elixible ao tratarse dunha entidade beneficiaria do artigo 3.1.b)

BS403E-OU-2019-7

Ourense

Peroxa, A

P3206000F

PAI da Peroxa

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2

BS403E-PO-2019-3

Pontevedra

Arbo

P3600100F

EI Municipal

Ter desistido da súa petición con base no establecido no artigo 7.3

BS403E-PO-2019-5

Pontevedra

Poio

P3604100B

EI de Poio

Incumprimento do requisito para ser entidade beneficiaria establecido no artigo 3.1.a)

BS403E-PO-2019-13

Pontevedra

Soutomaior

P3605300G

EI de Soutomaior

Incumprimento do requisito para ser entidade beneficiaria establecido no artigo 3.1.a)

BS403E-PO-2019-14

Pontevedra

Cañiza, A

P3600900I

EI Municipal

Non concordar a memoria achegada na fase de requirimento de documentación coa solicitude presentada

BS403E-PO-2019-17

Pontevedra

Ribadumia

P3604600A

EI Municipal

Ter desistido da súa petición con base no establecido no artigo 7.3

BS403E-CO-2019-8

A Coruña

Negreira

P1505700C

EIM de Negreira

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2

BS403E-CO-2019-3

A Coruña

Outes

P1506300A

PAI de Outes

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2

BS403E-CO-2019-11

A Coruña

Trazo

P1508700J

PAI de Trazo

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2

BS403E-CO-2019-1

A Coruña

Vimianzo

P1509300H

EIM Os Vimianziños

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2

BS403E-LU-2019-2

Lugo

Sober

P2705900E

PAI Sober

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2

BS403E-LU-2019-14

Lugo

Viveiro

P2706700H

EIM Garabatos de Viveiro

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2

BS403E-LU-2019-19

Lugo

Saviñao, O

P2705800G

EIM do Saviñao

Non acadar o investimento mínimo previsto no artigo 4.2