Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de inscrición, baixa e/ou modificación/actualización de datos do Rexistro Vitícola de Galicia (expediente MV/32/2019/1402).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e queda a súa eficacia supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Medio Rural en Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 6 de novembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: inscrición, baixa e/ou modificación/actualización de datos do Rexistro Vitícola de Galicia.

Interesado: 34429415W.

Acto de notificación: resolución da desistencia.