Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49808

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2, área deportiva de San Lázaro.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2 (San Lázaro), promovida polo Concello de Santiago de Compostela, sen modificacións respecto da inicialmente aprobada.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir a modificación puntual do plan especial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación puntual poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica