Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2018/00783 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento da súa solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións relacionadas atópanse á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalas no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 8 de novembro de 2019

Xefa territorial da Coruña
P.S. (Orde do 22.3.2016)
Patricia Rodríguez Franco
Secretaria territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2018/00783

48114077D

Y5607243H

AC-2019/00143

32693430B

AU482122

AC-2019/00308

32944409Z

121140317