Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50134

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2018.

No Boletín Oficial da provincia núm. 210, do 31 de outubro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2018:

– Unha praza de técnica ou técnico de administración xeral, encadrada na escala de administración xeral, subescala técnica, e integrada no grupo A1, por quenda libre.

– Unha praza de técnica ou técnico de xestión tributaria, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase media, e integrada no grupo A2, por quenda libre.

– Unha praza de técnica ou técnico de educación, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase media, e integrada no grupo A2, por quenda libre.

– Doce prazas de técnica ou técnico auxiliar en educación diúrna, encadradas na escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, e integradas no grupo C1, por quenda libre.

– Tres prazas de técnica ou técnico auxiliar en educación nocturna, encadradas na escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, e integradas no grupo C1, por quenda libre.

– Un posto de traballo de técnica ou técnico de turismo, clasificado no grupo A2, por quenda libre.

– Catro postos de traballo de administrativa ou administrativo de xestión tributaria, clasificados no grupo C1, por quenda libre.

– Un posto de traballo de subalterna ou subalterno de oficios varios, clasificado no grupo E, por quenda libre. Reservada para persoas con discapacidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 31 de outubro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e ORAL