Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50064

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2019 pola que se corrixen erros da Resolución do 4 de novembro de 2019 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en proxectos europeos da escala técnica de grao medio (subescala I+D) vacante no cadro de persoal funcionario desta universidade.

Detectado erro na Resolución de 4 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de novembro, pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza vacante da escala técnica de grao medio (subescala I+D) (técnico en proxectos europeos) da Universidade da Coruña, procédese á súa corrección para emendar a omisión segundo os seguintes termos:

Na base 2, requisitos dos candidatos, punto 2.1 engádese o punto C.1) Estar en posesión da acreditación do nivel C1 dos idiomas inglés e francés segundo o Marco Común Europeo de Referencia das Linguas, e valoraranse como méritos coñecementos doutros idiomas, principalmente de países da Unión Europea.

Esta corrección da lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles que contarán a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de novembro de 2019

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña