Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50326

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (PO 197/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 197/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina López Aragón contra a empresa Manuel Novegil Castro (Bar Cafetería Terra Galega) e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza o 10 de setembro de 2019, contra a que cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Novegil Castro (Bar Cafetería Terra Galega), en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza