De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
As persoas interesadas dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego; Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobaren o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.
– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non o faceren así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 14 de novembro de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
| Expediente | Acta inf. nº | Empresa | NIF | Concello | Materia | Data da resolución | 
| RL 2008/0010-1 | I152007000001623 | Construcciones Tilin, S.L. | B15983885 | Zas | Seguridade e saúde | 23.10.2019 | 

 
					
