Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos de Usvega, Unión Sindical Veterinaria Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 19.9.2019 os estatutos de Usvega, Unión Sindical Veterinaria Galega (https://expinterweb.empleo.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

Ambito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia

Ambito funcional: poderán afiliarse todas as persoas licenciadas/graduadas ou estudantes de veterinaria, ATV, perruqueiras/os, persoal administrativo ou de limpeza, e todas aquelas persoas que o soliciten ou desempeñen o seu labor profesional no ámbito relacionado coa práctica veterinaria en todas as súas vertentes, incluída a docente, en todos os casos que traballen ou poidan traballar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Carola Casares Fernández, María Gómez Durán e Tania de la Fuente Seivane.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego