Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0173/2019-ACU e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0173/2019-ACU e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 13 de novembro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0173/2019-ACU

78736410G

Resolución

Noria, 6, 5º C, Cangas

PSC-PO-0174/2019-ACU

78736411M

Resolución

Noria, 6, 5º C, Cangas

PSC-PO-0277/2019-PPM

35468939H

Resolución

Xeneral Yagüe, 4, baixo 1, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0358/2019-COP

B36879989

Resolución

Avenida de Portugal, 2, Nigrán

PSC-PO-0447/2019-PPM

35458339K

Resolución

Virxe das Mareas, 50, O Grove

PSC-PO-0521/2019-PPM

35443808A

Resolución

A Laxe, 21, A Illa de Arousa